Que é IN 4.0

QUE É IN 4.0

A. Descrición xeral

IN 4.0 ten como obxectivo mellorar a competitividade das empresas do sector naval a través da súa adaptación ao modelo produtivo que representa a industria 4.0, garantindo a continuidade do sector nun mercado cada vez máis esixente no que a innovación é un factor clave de posicionamento estratéxico.

Para iso, diagnosticaranse as principais barreiras que lle impiden ao sector adaptar o seu modelo de negocio, determinarase o grao de maduración das tecnoloxías existentes susceptibles de ser implantadas nas pemes, definiranse os sistemas de organización do traballo, capacitarase o persoal do sector para transitar cara ao 4.0, deseñaranse estratexias innovadoras para economizar custos na implantación de tecnoloxías, detectaranse novos métodos de comercialización e implementaranse as innovacións deseñadas en IN 4.0 nas pemes seleccionadas das rexións participantes.

B. Territorio de intervención

O programa INTERREG Espazo Atlántico cobre a parte occidental de Europa que bordea o océano Atlántico. Inclúe 37 rexións de cinco países: a parte occidental do Reino Unido, o norte e a parte máis occidental do sur de España, o oeste de Francia, Irlanda e Portugal.

As entidades asociadas ao proxecto representan os cinco países mencionados.

C. Obxectivos

Obxectivos específicos:

  • Diagnosticar os principais problemas ou barreiras xa identificadas que lle impiden ao sector naval a transformación do seu modelo de negocio en 4.0 e propoñer novas solucións
  • Determinar o grao de maduración das tecnoloxías existentes susceptibles de ser implantadas nas pemes do sector
  • Transformar os sistemas de organización do traballo, coñecemento e comercialización cara a unha industria 4.0
  • Capacitar as traballadoras e traballadores do sector naval en novos traballos e tarefas para transitar cara a un modelo 4.0
  • Deseñar estratexias innovadoras para reducir custos na implantación de tecnoloxías e na detección de novos métodos de comercialización
  • Implementar na práctica as innovacións deseñadas no marco do proxecto nas pemes seleccionadas das rexións participantes no proxecto

 

D. Plan de traballo

Son catro as actividades principais do proxecto:

  • IN CONTEXT: é o punto de partida para a adaptación a un novo modelo produtivo en base aos últimos avances tecnolóxicos na materia, detectando innovación aplicable a tecnoloxías 4.0 relevantes para o naval
  • IN WORK AND IN TRAINING: protocolo de redefinición de tarefas e de capacitación do persoal do sector
  • IN COMMERCIALIZATION AND COSTS: redución dos custos na implantación de tecnoloxías e novos métodos de comercialización
  • IN ADAPTATION: asesoramento para a transformación en empresas navais intelixentes

 

E. Principais resultados e entregables do proxecto

  • Informe sobre os resultados das enquisas e achegas das empresas dos principais actores navais para avaliar a situación da aplicación da fábrica do futuro
  • Catálogo cun mínimo de 20 tecnoloxías existentes con potencial de implementación
  • Informe sobre o grao de maduración das tecnoloxías identificadas: mínimo 5 
  • Foro de validación transnacional
  • Protocolo de redefinición de postos de traballo
  • Programa formativo
  • 25 insercións laborais de persoas novas con titulación universitaria
  • 2 accións formativas en cada país (10 en total)
  • Sistema web: ship building open knowledge
  • Mentor network nos 5 países
  • 50 pemes formadas do sector formadas
  • Listaxe de opcións para aforrar custos relativos á adquisición de tecnoloxías (tras un estudo de mercado) 
  • Guía que reflicta as novas metodoloxías de comercialización noutros sectores: 5 metodoloxías de comercialización e marketing innovadoras para o sector naval
  • Ferramenta para facer match e mapear máis de 100 sectores empresariais en Europa
  • 5 foros intersectoriais, como punto de encontro para empresas do sector do naval con outros sectores, para fomentar a colaboración e o coñecemento da súa experiencia
  • Identificación de 5 casos de éxito, un por país, de empresas do sector naval
  • Avaliación externa para medir o crecemento das pemes despois da adaptación ao modelo da industria 4.0: 50 indicadores cuantitativos e cualitativos
  • Identificación de 10 empresas e 5 mentores
  • 10 pilotos de asesoramento. O obxectivo esperado é medir o nivel tecnolóxico actual do sector e predicir o crecemento tras a adaptación das empresas pequenas ao modelo 4.0
  • Desenvolveranse 10 programas de mentoría e 10 plans de negocio
  • 5 obradoiros de difusión dos proxectos piloto co fin de impactar o máximo número posible de pemes do sector naval no Espazo Atlántico e elevar o seu interese na planificación do seu proceso de cambio tecnolóxico