Espazo Atlántico

Que é o programa INTERREG Espazo Atlántico?

A cooperación territorial foi unha oportunidade para que as rexións europeas menos dinámicas establecesen conexións con aquelas máis dinámicas, innovadoras e prósperas, e tamén para que as rexións máis desenvolvidas establezan redes de intercambio e vínculos culturais, sociais e económicos con outros territorios.

No marco da política rexional da Unión Europea, INTERREG Espazo Atlántico é un programa de financiamento europeo que apoia proxectos de cooperación transnacional, para contribuír á consecución da cohesión económica, social e territorial de 37 rexións atlánticas.

As principais características desta área son a súa herdanza ambiental e dimensión marítima, ademais dun estándar común de desenvolvemento urbano e territorial, baseado nunha maioría de áreas rurais intermediarias e nun número limitado de grandes áreas metropolitanas.

Entre outros puntos de converxencia do Espazo Atlántico, a tradición de cooperación, as fortes redes existentes entre os actores relevantes e o forte patrimonio e identidade cultural actúan como factores fundamentais para o seu desenvolvemento conxunto.

O programa INTERREG Espazo Atlántico ten por obxecto alcanzar progresos significativos e tanxibles para o desenvolvemento territorial cohesivo, sustentable e equilibrado das rexións atlánticas e do seu patrimonio marítimo, promovendo solucións para responder aos desafíos dos actores implicados nas áreas de innovación e competitividade, recursos, medio e activos culturais, axudando a reducir así as disparidades rexionais existentes.

 

"Acadar progresos significativos e tanxibles para o desenvolvemento territorial cohesivo, sustentable e equilibrado das rexións atlánticas e do seu patrimonio marítimo".