Benvida

IN 4.0 ten como obxectivo mellorar a competitividade das empresas do sector naval a través da súa adaptación ao modelo produtivo que representa a industria 4.0, para garantir a continuidade do sector nun mercado cada vez máis esixente, no que a innovación é un factor clave de posicionamento estratéxico.

Para iso, diagnosticaranse as principais barreiras que lle impiden ao sector adaptar o seu modelo de negocio, determinarase o grao de maduración das tecnoloxías existentes susceptibles de ser implantadas nas pemes, definiranse os sistemas de organización do traballo, capacitarase o persoal do sector para transitar cara ao 4.0, deseñaranse estratexias innovadoras para economizar custos na implantación de tecnoloxías, detectaranse novos métodos de comercialización e implementaranse as innovacións deseñadas en IN 4.0 nas pemes seleccionadas das rexións participantes.

  • IN CONTEXT

  • IN WORK AND IN TRAINING

  • IN COMMERCIALIZATION AND COSTS

  • IN ADAPTATION